DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de delimitación do núcleo rural de Pradeda de Abaixo.

O Pleno do Concello de Carballedo, en sesión do 27 de xuño de 2024, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do núcleo rural de Pradeda de Abaixo, parroquia de Pradeda, redactado pola empresa Abante Arquitectura, S.L.P. O expediente sométese a información pública por prazo de dous meses para efectos de reclamacións.

Carballedo, 10 de setembro de 2024

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde