No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 115, do 14 de xuño de 2024, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, quenda de promoción interna, para a cobertura en propiedade como persoal laboral fixo dunha praza de coordinador/a de servizos sociais.
As ditas bases foron rectificadas nos termos publicados no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 158, do 19 de agosto de 2024.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 2 de setembro de 2024
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente
