De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio, a proposta e a resolución de subrogación de incorporación ao Banco de Terras de Galicia.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro do documento nas dependencias da Axencia (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024
Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Nº expediente |
Procedemento |
DNI |
Acto que se notifica |
|
20113200014 |
Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia |
34727263T |
Proposta e resolución de subrogación de incorporación ao Banco de Terras de Galicia |
