DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20240056TA-LU, por infracción en materia sanitaria.

O día 11 de setembro de 2024, a directora territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 20240056TA-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar esta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notificáselle á persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias deste departamento territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 24 de setembro de 2024

Mª Begoña Seco Varela
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 20240056TA-LU.

Pasaporte da persoa interesada: MV9645617.

Último enderezo coñecido: travesía El Molino, 9, 04617 Palomares, Cuevas de Almanzora, Almería.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 7.ñ) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: unha infracción leve.

Sanción: trinta euros (30,00 €).