Na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2 que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Segundo. De acordo co establecido na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público e administración de persoal, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024
Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal
ANEXO
Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2
das cales se publica o baremo definitivo
|
Corpo de xestión |
|
Escala de inspectores de consumo. |
|
Corpo facultativo de grao medio |
|
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas. |
|
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas. |
|
Escala de arquitectos técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía. |
|
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos. |
|
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas. |
|
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos. |
|
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de servizos ao buque. |
|
Escala de axentes de extensión pesqueira. |
|
Escala de subinspección urbanística. |
|
Escala técnica de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos. |
