DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53765

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia e de persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías.

Na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia e de persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos das categorías profesionais do persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo II que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De acordo co establecido na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público e administración de persoal, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal

ANEXO

Categorías do persoal laboral do grupo II das cales se publica
o baremo provisional

Categorías profesionais

Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista.

Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP.

Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a).

Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre. Profesor/a de educación

física. Profesor/a de matemáticas.

Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial.

Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural.

Cat. 35. Pianista.