Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola directora xeral de Mobilidade, no expediente sancionador número PO-00053-O-2024, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente están á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
PO-00053-O-2024 7353-MBP |
07260460G |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 5.9.2023; 8.58.00; AP-9; 137,505 |
Art. 140.23 da LOTT Art. 197.26 da ROTT |
Art. 143.1.c) da LOTT Art. 201.h) da ROTT Art. 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
