Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte no expediente sancionador número PO-04253-O-2023, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópanse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Comunícaselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024
Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF Persoa sancionada |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto |
Sanción imposta |
|
PO-04253-O-2023 8904-LSS |
76932071S |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 14.6.2023; 20.49.00; A-52; 281,2 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
