DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2024/034 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Denominación: LMTS peche MOF802 entre CT rúa das Pontes (27CV65) e Alfonso XIII, 79 (27CT02).

Situación: concello de Bóveda.

Características técnicas principais:

• Substitución do CT Alfonso XIII, 79 (27CT02) (expediente 7285AT) tipo compacto de manobra exterior 2L1P de 250 kVA por outro das mesmas características coa cela de saída telecontrolada.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe nunha cela do CT Alfonso XIII, 79 (27CT02) e final nunha cela de reserva do CT rúa das Pontes (27CV65) (expediente 7570AT), cunha lonxitude de 637 metros en condutor RHZ1-240 mm.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 136.866,26 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

• Separata para o Concello de Bóveda.

• Separata para Patrimonio Cultural.

• Separata para a CHMS.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 13 de setembro de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria