No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para a provisión das seguintes prazas pola quenda de estabilización:
– 1 praza de subalterno da Administración xeral polo sistema de concurso.
– 1 praza de subalterno da casa cultura polo sistema de concurso.
– 1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local polo sistema de concurso.
– 1 praza de animador/a sociocultural polo sistema de concurso.
– 5 prazas de oficial/a de primeira polo sistema de concurso.
– 2 prazas de peóns/oas polo sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referidos a esta convocatoria, cando proceda conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Cospeito, 24 de setembro de 2024
Armando Castosa Alvariño
Alcalde
