Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Alquileres José Ángel Rodríguez 2014, S.L., para a ocupación en DPP do edificio 12.48.EDF.008, bar-cafetaría, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 19 de outubro de 2023, e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada pola Xefatura da Zona Centro, no porto de Ribeira.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 12 de setembro de 2024
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
