DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.101866).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Abel Pérez Gómez e José Manuel Porto Abijón.

DNI: ***7332** e ***0401**.

Expediente: DH.A36.101866.

Volume total anual: 3.187 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,7 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial.

Lugar: A Devesa.

Parroquia: Codeseda.

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela nº 1067 da nova concentración parcelaria de Codeseda, e a súa condución mediante canalización en pedra ao longo duns 67 m ata unha arqueta situada na parcela 1092, do outro lado do camiño, e desde esta, mediante tubo de PVC de 70 mm ao longo duns 26,5 m ata unha billa/fonte, e desde aquí por tubo de 63 mm de PE, ata unha fonte situada a carón do camiño, na parcela 1090. Desde esta fonte régase a parcela 1090, mentres que a parcela 1093 se rega a partir da billa/fonte situada na parcela 1091.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro