En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Roteas.
Expediente: DH.A36.95740.
Volume total anual: 5.146,20 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,44 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: cinco (5) mananciais: M1 a M5.
M1, M2, M3 e M5 na parcela 134, polígono 12.
M4 na parcela 79, polígono 4.
Lugar: A Arrotea.
Parroquia: Camos.
Concello: Nigrán.
Descrición:
A auga de M1 e M2 condúcese a un depósito na parcela 36, polígono 12, ao que chega tamén a proveniente de M4. Do depósito parte unha rede de distribución ás vivendas da comunidade. Pretenden construír dúas novas captacións, M3 e M5, para paliar problemas existentes.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 11 de setembro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
