DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas de clave DH.A36.07943, outorgada o 6 de abril de 2006, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.103750).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios San Andrés de Figueirido.

Expediente: DH.A36.103750.

Volume total anual: 18.622,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,78 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: seis (6) mananciais: M1 a M6.

– M1, M2 e M3 na parc. 395, pol. 23.

– M4 na parc. 111, pol. 24.

– M5 e M6 na parc. 125, pol. 17.

– Todas do catastro de Vilaboa.

Lugar: As Croas e Postemirón.

Parroquia: Figueirido e Vilaboa.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga de M1 a M4 reúnese coa de M5 e M6 para conducila a un depósito, 149,74 m3 na parc. 358, pol. 11. Desde o depósito distribúese ás vivendas que abastece a Comunidade na parroquia de Figueirido (Vilaboa).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 4 de setembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur