Antecedentes:
1. Os días 5 e 6 de setembro de 2024, Míriam Prol Álvarez solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas das bateas Pombo II, Caneda II e Rúa V.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
3. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas dos seguintes viveiros:
Tipo: batea.
Nome: Pombo II.
Situación:
Cuadrícula nº: 86.
Polígono: E.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 13.3.1965.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Manuel Francisco Prol Sánchez (***5925**) e María Luisa Álvarez Míguez (***5855**).
Novos titulares: Míriam Prol Álvarez (***1681**), Manuel Francisco Prol Sánchez (***5925**) e María Luisa Álvarez Míguez (***5855**).
Tipo: batea.
Nome: Caneda II.
Situación:
Cuadrícula nº: 104.
Polígono: D.
Distrito: Cambados (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 23.10.1963.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Manuel Francisco Prol Sánchez (***5925**) e María Luisa Álvarez Míguez (***5855**).
Nova titular: Míriam Prol Álvarez (***1681**).
Tipo: batea.
Nome: Rúa V.
Situación:
Cuadrícula nº: 124.
Polígono: G.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 14.5.1975.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Manuel Francisco Prol Sánchez (***5925**) e María Luisa Álvarez Míguez (***5855**).
Nova titular: Míriam Prol Álvarez (***1681**).
Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, en particular, nas obrigas derivadas das axudas percibidas en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expedientes PE205F 2022/011-5 e PE205F 2023/00101) por importes de 7.417,50 € e 5.000,00 €, respectivamente, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
Vigo, 16 de setembro de 2024
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
