En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Organismo Autónomo Parques Nacionales.
NIF: Q-2821022-G.
Expediente: DH.V15.104247.
Lugar: Illa de Sálvora.
Parroquia: Aguiño.
Concello: Ribeira.
Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.
Caudal máximo anual: 633,9 m3/ano.
Punto de vertedura: X=499.669; Y=4.702.026.
Medio receptor: infiltración no terreo (bacía da ría de Arousa).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais domésticas xeradas nas instalacións do centro de visitantes e nas vivendas do persoal asentadas na nave de salgadura de Sálvora-Illa de Sálvora son tratadas nunha estación depuradora tipo SBR deseñada para 18 habitantes equivalentes, verténdose o efluente depurado por infiltración no terreo mediante unha gabia filtrante.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa do Servizo de Xestión Ambiental das Augas
