En sesión que tivo lugar o 2 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) e modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 19 de outubro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos e nas aulas 6 e 7 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024
María José Campos Núñez
Presidenta do tribunal
