DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 9 de outubro de 2024 Páx. 53930

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Unha vez recibidos os informes-proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro sobre o persoal funcionario en prácticas, formulado mediante os escritos do 20 e 26 de setembro de 2024, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, en sesión que tivo lugar o 3 de outubro de 2024, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas, conforme o establecido na base II.3 da convocatoria, que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 27 de xuño de 2024 (DOG núm. 128, do 3 de xullo).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal

ANEXO

Núm. orde

NIF

Apelidos e nome

1

***5504**

Rodríguez González, Mª Aránzazu

2

***7213**

Saldaña Villa, Pablo Indalecio

3

***7466**

Álvarez Pérez, Moisés

4

***4713**

Cabado Rodríguez, Ángela

5

***4524**

Vázquez Gende, Pablo

6

***9004**

Conde Delgado, Leticia

7

***9112**

Loureiro Lorenzo, Mª del Carmen

8

***8517**

Fernández Cofan, Ángela

9

***5528**

Fraga Martínez, María del Rosario

10

***6353**

Coello Paz, Emma