Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de pagamento de prezos xustos por expropiación pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Torre Branca, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2019/223-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 26 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/223-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT, RBT Torre Branca.
Concello: Val do Dubra.
|
Predio |
Polígono |
Parcela |
Titularidade proposta |
Lugar |
Data |
Hora |
|
1 |
503 |
459 |
Vicente José Neiro Gándara |
Concello de Val do Dubra |
12.11.2024 |
10.30 |
|
2 |
503 |
458 |
José Antonio Fraga García |
Concello de Val do Dubra |
12.11.2024 |
10.45 |
|
3 |
503 |
457 |
José Antonio Fraga García |
Concello de Val do Dubra |
12.11.2024 |
10.45 |
|
4 |
503 |
482 |
Hros. de Evangelina Fraga García |
Concello de Val do Dubra |
12.11.2024 |
10.30 |
