DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 9 de outubro de 2024 Páx. 53862

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de oito bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega, da lista de persoas suplentes.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 7 de outubro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 53614, onde di:

«Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega (DOG núm. 6, do 9 de xaneiro)»

Debe dicir:

«Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega (DOG número 6, do 9 de xaneiro)».