De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas para o ano 2020, por resultar infrutuosos os intentos de notificación por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para coñecer o contido íntegro da dita resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, da Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor potestativamente, o recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos computarán a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU)do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2024
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría,
Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Procedemento: axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).
Expediente: 32/500066/20/A.
NIF da persoa interesada: 09806927A.
Acto de notificación: resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento total da axuda.
