DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2024 Páx. 54018

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).

Mediante a Resolución do Inega, do 7 de marzo de 2024, que foi publicada no DOG núm. 56, do 19 de marzo de 2024, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica.

Rematado o prazo para presentar solicitude o 19 de abril de 2024, e visto que nas epígrafes correspondentes a Administración local e entidades sen ánimo de lucro o crédito era insuficiente, e na epígrafe correspondente a empresas non se rexistraron solicitudes suficientes, o Inega, por medio da Resolución do 2 de agosto de 2024, solicitou unha redistribución dos fondos, en función do volume de solicitudes recibido, modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 7 de marzo de 2024, que queda do seguinte xeito:

2024

2025

Total

Empresas

1.800.000

1.600.000

3.400.000

Administración local

160.000

1.490.000

1.650.000

Entidades sen ánimo de lucro

40.000

434.800

474.800

Total

2.000.000

3.524.800

5.524.800

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Debido a que nos meses de xullo e agosto se recibiron numerosas solicitudes de modificación da data estimada de execución do proxecto por parte de varias empresas, motivo polo cal se reducen significativamente os orzamentos previstos para a anualidade 2024 e dado que a convocatoria non esta resolta, que na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxía fotovoltaica,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír por anualidades os fondos destinados ás subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para as anualidades 2024 e 2025, modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 7 de marzo de 2024 do seguinte xeito:

Dotación orzamentaria inicial

2024

2025

Total

Empresas

1.800.000

1.600.000

3.400.000

Administración local

160.000

1.490.000

1.650.000

Entidades sen ánimo de lucro

40.000

434.800

474.800

Total

2.000.000

3.524.800

5.524.800

Dotación orzamentaria final:

2024

2025

Total

Empresas

800.000

2.600.000

3.400.000

Administración local

160.000

1.490.000

1.650.000

Entidades sen ánimo de lucro

40.000

434.800

474.800

Total

1.000.000

4.524.800

5.524.800

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do plazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia