DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2024 Páx. 54111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2023/223 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9. 27003 Lugo.

Denominación: 71753 Recarga V.E. Soñariño (Soñar San Pedro)-liña subterránea de media tensión e centro de seccionamento.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

– Liña aérea de media tensión a 20 kV Tablicia, con orixe no apoio P22 existente da LMT Tablicia e final no apoio P24 proxectado tipo C-3000/14 da LMT Tablicia, cunha lonxitude de 177 metros en condutor LA-56 existente.

– Liña aérea de media tensión a 20 kV Tablicia, con orixe no apoio P25 proxectado tipo C-3000/14 da LMT Tablicia e final no apoio P26 existente da LMT Tablicia, cunha lonxitude de 85 metros en condutor LA-56.

– Liña subterránea de media tensión a 20 kV Tablicia, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio P24 proxectado da LMT Tablicia, entra e sae no CS Recarga V.E. Soñariño proxectado e remata noutro paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado P25 da LMT Tablicia, cunha lonxitude de 326 metros en condutor HEPRZ1-150 mm.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado Recarga de V.E. Soñariño, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de interruptor automático.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 103.361,12 €.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Lugo.

– Separata para a Axencia Galega de Infraestruturas.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 27 de setembro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo