Mediante a Resolución da Alcaldía, do 10 de setembro de 2024, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacions SXS1 centro de saúde, de xullo de 2024 (rex. entrada nº 2024999900002094 e 3224, do 17.7.2024), promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por Abtemas, S.L.
De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan especial.
A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do Plan especial.
A área afectada pola suspensión é a seguinte: solo rústico identificado como R-1SX-S1 e R3 no Plan xeral de ordenación municipal. Superficie de 10.539 m2 segundo escritura pública do 12 de xaneiro de 2024.
Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e no Boletín Oficial del Estado (75 da LSG, 186 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou co expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).
O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese efectuar.
Así mesmo, o anuncio de información pública publicarase na paxina web do Concello (www.teo.gal) (artigo 70.ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU).
De conformidade co artigo 25.3 do TRLSRU, na documentación exposta ao público inclúese un resumo executivo expresivo dos aspectos sinalados no artigo citado, que se concretan na delimitación dos ámbitos en que a ordenación proxectada altera a vixente, cun plano da súa situación, e alcance da dita alteración, e os ámbitos en que se suspendan a ordenación e os procedementos de execución ou de intervención urbanística e a duración da dita suspensión.
O expediente completo estará á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Teo, 13 de setembro de 2024
Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa
