De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.
Mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a seguir se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Referencia catastral |
Lugar |
Propietario |
|
2085801NH2028N |
Rúa Cruz, Lois-Ribadumia |
Hrdos. Victoriano Rivas García |
|
ZCP Lois Montes de Ribadumia Predios 1184-1185 polígono 17 |
Rúa Cruz, Lois-Ribadumia |
Hrdos. Victoriano Rivas García |
En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para lembrar o cumprimento da obrigación de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación comezarase a computar o prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obrigación da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia, situadas en la avenida de Ribadumia, núm. 3, Ribadumia, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.
Ribadumia, 19 de setembro de 2024
David José Castro Mougán
Alcalde
