DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2024 Páx. 54230

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Por Resolución do 22 de decembro de 2022, convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, e para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III) (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (Corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo).

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas. Contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.

Pola Resolución deste tribunal do 4 de xullo de 2024 (DOG núm. 132, do 9 de xullo) publicouse a baremación provisional para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia.

De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinadas categorías, en sesión celebrada o 10 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo III),

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos das categorías profesionais de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo III que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas as súas alegacións.

Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO

Categorías de persoal laboral do grupo III en que se publica
o baremo definitivo

Categorías profesionais

Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

Cat. 12. Mestre/a de taller.

Cat. 15. Experto/a en exposicións.

Cat. 37. Técnico/a de son.

Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).

Cat. 54B. Hixienista dental.

Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a.