Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 convócase o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e a Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (Corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo, e DOG núm. 87, do 8 de maio).
A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base. Contra a baremación provisional as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.
Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.
Mediante a Resolución deste tribunal do 16 de xullo de 2024 (DOG núm. 140, do 19 de xullo), publicouse a baremación provisional da fase de concurso para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.
De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinadas categorías, na sesión que tivo lugar o 10 de outubro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada pola Resolución do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos das categorías profesionais de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2024
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
ANEXO
Categorías de persoal laboral do grupo IV en que se publica
o baremo definitivo
|
Categorías profesionais |
|
Cat. 7. Garda fluvial. Garda explotación. |
|
Cat. 31. Legoeiro/a. |
|
Cat. 32. Operador/codificador datos SDCIF |
|
Cat. 39. Auxiliar de autopsia. |
