O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión dunha árbore e dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2024/2631374.
Data: 11.9.2024.
Solicitante: Concello de Outes.
Especie: Quercus suber L.
Localidade: Santo Ourente de Entíns.
Concello: Outes.
Provincia: A Coruña.
Rexistro de entrada: 2024/2725808.
Data: 20.9.2024.
Solicitante: José Eiros Castro.
Especie: formación de Quercus robur L.
Localidade: Baralla.
Concello: Baralla.
Provincia: Lugo.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, así como a documentación presentada xunto con elas, se someterán ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, para os efectos de que as persoas interesadas poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e da documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito ou ben a través do enderezo de correo electrónico dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
