Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA BDV705 entre os apoios número D23-110 e número D23-118, situada no concello de Rubiá, correspondente ao predio e titularidade que se sinala no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar o predio afectado.
O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor da persona titular na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persona titular disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinale. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 30 de setembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado ou non notificadas
Número de expediente: IN407A 2023/138-3.
Instalación: regulamentación da LMTA BDV705 entre os apoios número D23-110 e número D23-118.
Concello: Rubiá.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data da acta de autorización de ocupación: 17 de xuño de 2024.
|
Predio número |
Lugar |
Referencia catastral |
Persoa titular |
|
5 |
O Robledo de Lastra |
32074A019009580000XL |
Descoñecida |
