DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2024 Páx. 54251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello da Veiga (expediente IN407A 2022/26-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA SAG703 entre apoios números 207 a 217, situada no concello da Veiga, correspondentes ao predio e titularidade que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar o predio afectado.

O texto íntegro das referidas follas de aprecio atópase ao dispor da persona titular na sede do Departamento Territorial de Ourense (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pedir cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa titular disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinale. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 30 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/26-3.

Instalación: regulamentación LMTA SAG703 entre apoios núms. 207 a 217.

Concello: A Veiga.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data da acta de ocupación

9

Pozas

320840A0000530000RE

Generosa Prada Pedraz

Enderezo descoñecidao

28 de agosto de 2023