O Pleno da Corporación Provincial , en sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de decembro de 2023, aceptou por unanimidade a delegación do Concello de Manzaneda na Deputación Provincial do exercicio das competencias de xestión, liquidación e recadación en voluntaria e executiva e revisión de actos de tributos e outros ingresos de dereito público. De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985 das bases de réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:
«Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Manzaneda a favor da Deputación Provincial, mediante o Acordo plenario do 22 de decembro de 2023, para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, así como a revisión dos actos ditados dos seguintes tributos e ingresos de dereito público:
– Imposto de bens inmobles-IBI.
– Imposto sobre vehículos de tracción mecánica-IVTM.
– Imposto sobre actividades económicas-IAE.
– Taxa pola subministración de auga.
– A recadación dos gastos derivados das execucións forzosas, ao abeiro do establecido nos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de bases de réxime local.
– Multas coercitivas.
Todo isto nas condicións xerais recollidas no acordo de delegación do Concello de Manzaneda; en todo caso, serán de aplicación as seguintes condicións xerais:
a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, ditando todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.
b) Para o exercicio da competencia delegada, o Concello debería remitir as oportunas certificacións de relación de debedores dos últimos catro anos para os efectos de poder iniciar a recadación en executiva, así como, en relación coas débedas anteriores aos últimos catro anos, certificacións de que as débedas non están prescritas, e indicará as diferentes datas de notificación da débeda en executiva, en relación co tributo ou ingreso de dereito público a que se refire.
c) A taxa que deberá satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación en voluntaria será o resultante de aplicarlles ás cantidades efectivamente recadadas de padróns, liquidacións, altas e outros ingresos non periódicos o tipo de gravame único do 5 %, e a taxa pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario, conforme o establecido no artigo 6, alíneas a) e b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizo de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.
d) Esta delegación entrara en vigor unha vez aceptada pola Deputación Provincial e publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento. Esta delegación estará vixente por un período de catro anos e prorrogarase tacitamente por períodos iguais de catro anos se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, comunicándoo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prorroga».
Ourense, 28 de decembro de 2023
Luis Menor Pérez
Presidente da Diputación Provincial de Ourense
