DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2024 Páx. 54288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de notificación a persoas titulares descoñecidas do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade das persoas responsables da xestión da biomasa ou que se ignora o lugar de notificación, que as persoas titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidas e que resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

4.9.2024

36015C50901338

509

01338

Descoñecida

4.9.2024

36015C50901339

509

01339

Descoñecida

4.9.2024

36015C50901345

509

01345

Descoñecida

4.9.2024

36015H50100004

501

00004

Descoñecida

4.9.2024

36015H50100005

501

00005

Descoñecida

4.9.2024

36015C50901349

509

01349

Descoñecida

4,9,2024

36015A00400110

004

00110

Descoñecida

4,9,2024

36015A00400109

004

00109

Descoñecida

4,9,2024

36015A00400107

004

00107

Descoñecida

4,9,2024

36015A00400106

004

00106

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícase que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben efectuar a execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión da biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impor multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben efectuar a execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se deberá impor por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para realizar os traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de realizar a execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello efectuará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se realizará a súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na táboa seguinte:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación do prezo por ha

Liquidación provisional

2024/36015C50901338

36015C50901338

0,4036

1.688,89 €

681,64 €

2024/36015C50901339

36015C50901339

0,0686

3.545,82 €

243,31 €

2024/36015C50901345

36015C50901345

0,1947

1.688,89 €

328,78 €

2024/36015H50100004

36015H50100004

0,0625

3.545,82 €

221,62 €

2024/36015H50100005

36015H50100005

0,0983

1.688,89 €

165,95 €

2024/36015C50901349

36015C50901349

0,0646

3.545,82 €

229,06 €

2024/36015A00400110

36015A00400110

0,0706

3.545,82 €

250,33 €

2024/36015A00400109

36015A00400109

0,1478

1.688,89 €

249,62 €

2024/36015A00400107

36015A00400107

0,0413

3.545,82 €

146,44 €

2024/36015A00400106

36015A00400106

0,0346

3.545,82 €

122,68 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Cuntis, 23 de setembro de 2024

Manuel Campos Velay
Alcalde