A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 4 de setembro de 2024, acordou a tramitación do convenio urbanístico mixto de planeamento e execución para o desenvolvemento da área de planeamento incorporado API Q28 parque de Oza, e autoriza a súa sinatura.
En cumprimento do disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401 do seu regulamento, unha vez que o dito convenio foi subscrito, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o convenio e formular as alegacións que procedan.
A documentación do convenio estará á disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística, e na web de Urbanismo, na epígrafe de exposición pública. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
