En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Miguel Pardo Rubido.
DNI: ***1064**.
Expediente: DH.W27.92226.
Lugar: Albariña.
Parroquia: Recaré.
Concello: Valadouro.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na rehabilitación de vivenda na parcela con referencia catastral 27063B005007870000ME, na zona de policía dun rego innominado.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 de Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 29 de agosto de 2024
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
