DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2024 Páx. 54274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2024 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Lozano II e Sánchez III.

Antecedentes:

1. O día 18 de setembro de 2024, María del Carmen Estévez Iglesias, Xabier Otero Estévez e Daniel Otero Estévez solicitaron autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas das bateas Lozano II e Sánchez III.

2. O día 19 de setembro de 2024, a persoa titular da Dirección Territorial da Consellería do Mar de Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

3. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Lozano II.

Situación:

Cuadrícula nº: 35.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.6.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Sánchez III.

Situación:

Cuadrícula nº: 9.

Polígono: A.

Distrito: Vigo (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 5.11.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Jaime Otero Portela (***9389**), María del Carmen Estévez Iglesias (***9624**), Pablo Otero Portela (***9022**) e Isabel Pastoriza Freire (***9166**).

Novos titulares: María del Carmen Estévez Iglesias (***9624**) (25 % privativo e 25 % usufrutuaria), Xabier Otero Estévez (***1282**) (12,5 % nu propietario), Daniel Otero Estévez (***1282**) (12,5 % nu propietario), Pablo Otero Portela (***9022**) e Isabel Pastoriza Freire (***9166**).

Os novos titulares das concesións quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 19 de setembro de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo