DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0343/2023-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0343/2023-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 30 de setembro de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0343/2023-PPM

78784367Y

Resolución

A Capela, nº 24, O Araño, Rianxo

PSC-FE-0351/2023-PPM

32658840J

Resolución

Avenida Francisco Vizoso, nº 7, 1º, Franza, Mugardos

PSC-FE-0359/2023-PPM

32710184K

Resolución

Avenida Cooperación, nº 3, torre 3, 4º C, San Valentín, Fene

PSC-FE-0369/2023-PPM

32708429Z

Resolución

Rúa Aciñeira, nº 8, baixo dta., Catabois, Ferrol

PSC-FE-0375/2023-PPM

76779647N

Resolución

R/ Robustiano Pérez del Río, nº 16, 3º dta., Boiro