DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Santa Comba (expediente DH.A15.85269).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ramón Gerpe Gómez.

DNI: ***9577**.

Expediente: DH.A15.85269.

Volume total anual: 4.000 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 4,99 l/s.

Destino: rega.

Orixe: río Mira.

Lugar: Castriz.

Parroquia: Xallas de Castriz.

Concello: Santa Comba.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste nunha derivación tradicional do río Mira, ao redor das coordenadas UTM ETRS89 fuso29 X=518.286 e Y=4.770.876, mediante unha presa de formigón con comporta manual, duns 12,50 m de longo e 1,30 m de alto, a súa condución por canle escavada en terra duns 50×50 cm de sección (da cal se pretende a súa limpeza), con tramos entubados en PVC de 315 e 500 mm de diámetro, ao longo duns 450 m, con almacenamento nun estanque na parcela nº 353 do polígono 505 e a súa rega e das parcelas nº 352 e nº 358 do polígono 505, e devolución do sobrante ao mesmo río.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro