DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2024 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea Guerra X.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante o escrito do 18 de setembro de 2024, María del Carmen Estévez Iglesias (***9624**), Daniel Otero Estévez (***1282**) e Xabier Otero Estévez (***1282**) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa do pleno dominio da metade indivisa da concesión administrativa da batea Guerra X.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura, sobre a tramitación do expediente, é favorable.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María del Carmen Estévez Iglesias (***9624**), Daniel Otero Estévez (***1282**) e Xabier Otero Estévez (***1282**), do pleno dominio da metade indivisa da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Guerra X.

Situación:

Cuadrícula número: 60.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.7.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Pablo Otero Pastoriza (***1168**) e Jaime Otero Portela (***9389**).

Novos titulares: Pablo Otero Pastoriza (***1168**), María del Carmen Estévez Iglesias (***9624**), Daniel Otero Estévez (***1282**) e Xabier Otero Estévez (***1282**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 20 de setembro de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo