Conforme o disposto na Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria de Residencial Parque do Paxonal, S. Coop. Galega de Vivendas en liquidación, celebrada o 3 de outubro de 2024, se acordou, por unanimidade dos votos e cumprindo os requisitos legais e estatutarios, a liquidación e extinción da sociedade cooperativa, facultando para tales efectos os liquidadores, así como a aprobación do balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo previamente censurados por un auditor externo.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
Olalla Vázquez Figueira
Mauricio Martínez Balvís
Esther Fontán Galego
Liquidadores
