DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54501

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas de selección para ocupar unha praza de persoal técnico.

O secretario xeral do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección dun/dunha técnico/a superior de proxecto Apromex.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data límite de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 7 de outubro de 2024

Fernando San Quintín García
Secretario xeral do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar