De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, notifícanse, por medio do presente anuncio no BOE, no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello de Cenlle, as persoas interesadas que resultan descoñecidas, se ignora o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación persoal, non se puido efectuar, as resolucións dos procedementos que se citan a seguir:
|
Nº expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
Custos da execución subsidiaria |
|
151/2024 |
José Castro |
32026A011003020000TS |
138,00 € |
|
152/2024 |
Marina Sánchez Pascual |
32026A011003040000TU |
23,00 € |
|
243/2024 |
Dolores Rodríguez |
32026A013001410000TQ |
690,00 € |
Requírense as persoas propietarias para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOE, procedan á limpeza na parcela indicada, de conformidade cos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
De non efectuarse os mencionados traballos no prazo fixado, poderase proceder á execución forzosa mediante execución subsidiaria con repercusión dos custos que se ocasionen, artigos 99, 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Todo iso sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Conforme o establecido nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo, a notificación enténdese producida.
O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderanse consultar, por comparecencia da persoa interesada, no Departamento da Secretaría do Concello de Cenlle para o seu coñecemento.
Cenlle, 18 de setembro de 2024
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
