DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Toén (expediente IN407A 2023/235-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio os titulares que figuran no cadro anexo son informados da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6’’ entre os apoios B7L317BN (13471479) e B7EBAAO7//D195-24 (13061228), situada no concello de Toén.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta, e aleguen o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 1 de outubro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/235-3.

Instalación: substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6’’ entre os apoios B7L317BN (13471479) e B7EBAAO7//D195-24 (13061228).

Concello: Toén.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito
previo

1

Bouzoás

32082A027000250000LE

Descoñecido

30.9.2024

2

Bouzoás

32082A027001870000LS

Descoñecido

30.9.2024