DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente con referencia SAI_AE_2023_13.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último enderezo coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 30 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome

Acto que se notifica

SAI_AE_2023_13

Ascensores Indelev, S.L.

Requirimento de documentación