Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: peche LAT 20 kV Gapsa 1-Tablicia novo CT Villaestévez e CS M Besteiro.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia, con orixe nun PAS situado no apoio existente 10069 da LAT Tablicia e final no novo CT Villaestévez proxectado, cunha lonxitude de 95 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Tablicia, con orixe CT Villaestévez proxectado e final no CS Maderas Besteiro proxectado, cunha lonxitude de 865 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Gapsa 1, con orixe nun PAS situado no apoio existente A84106 e final no novo CS Maderas Besteiro proxectado, cunha lonxitude de 32 metros cada circuíto en condutor HEPRZ1-240 mm.
– Centro de transformación prefabricado Villaestévez, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Centro de seccionamento prefabricado Maderas Besteiro, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de interruptor automático.
– Desmontaxe do armado e da aparellaxe do CT intemperie Vilaestévez e do seccionador S37802.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 328.253,27 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
• Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 27 de setembro de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
