DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54444

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de libre designación do posto de xefatura da Área da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI), convocado pola Resolución do 5 de xuño de 2024.

Pola Resolución da valedora do Pobo, do 5 de xuño de 2024, foi aprobado a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefatura da Área da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI).

A convocatoria publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 115 e no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 39, ambos do 14 de xuño de 2024.

Finalizada a tramitación do procedemento, no exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do seu regulamento de organización e funcionamento,

RESOLVO:

Adscribir a Rosa Otero Piñeiro ao posto de xefatura da Área da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a valedora do Pobo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo