DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54443

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2024 pola que se resolve de forma definitiva o concurso de méritos para a adscrición a un posto de administrativo vacante nesta institución, convocado pola Resolución do 5 de xuño de 2024.

Unha vez vista a proposta da Comisión de Avaliación nomeada pola Resolución do 18 de xuño de 2024, para a valoración do cumprimento dos requisitos e dos méritos achegados polas persoas solicitantes ao concurso de méritos para a adscrición a un posto de administrativo vacante na institución, convocado pola Resolución do 5 de xuño de 2024, e de conformidade co disposto na base 12 da convocatoria,

ACORDO:

Primeiro. Resolver de forma definitiva o concurso de méritos para a adscrición ao posto de administrativo da Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante (AGPI), nivel de complemento de destino 20, nº 16 da vixente relación de postos de traballo da institución, convocado por Resolución do 5 de xuño de 2024, en favor do solicitante Roberto Pérez Fonte, por ser o que obtivo a maior puntuación comprobada pola Comisión de Avaliación (28,99 puntos).

Segundo. A toma de posesión do posto adxudicado deberá producirse nos prazos establecidos na base 13 da Resolución do 5 de xuño de 2024.

Terceiro. Publíquese a presente resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web da institución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo en funcións