DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2024 Páx. 54441

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2024, da Comisión de Selección, para cualificar o proceso selectivo de dous postos de titulado de grao medio, grupo II, categoría 007 de persoal laboral fixo.

En sesión celebrada o 1 de outubro de 2024, a Comisión de Selección nomeada pola Resolución do director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal, do 19 de marzo de 2024, para avaliar o proceso de selección, para a cobertura de dous postos de titulado de grao medio, grupo II, categoría 007 de persoal laboral fixo da Axencia Galega da Industria Forestal,

ACORDOU:

Primeiro. Estudar e resolver as reclamacións presentadas polos aspirantes contra a baremación provisional e que responden ao seguinte detalle, e é o sentido da resolución o que igualmente se indica:

Apelidos e nome

DNI

Reclamación

Resolución

Soilán Cañas, Mª Azahara

***414***

Non avaliar axeitadamente a experiencia profesional no ente convocante

Desestimatoria

Segundo. Facer pública as puntuacións definitivas do concurso do proceso selectivo:

Apelidos e nome

DNI

Experiencia

Formación

Total

1a)

1b)

Cursos

Galego

Gómez Arias, Fco. Javier

***205***

0

37,13

17,50

5,00

59,63

Lima Riveiro, Joaquín

***748***

0

37,88

17,50

5,00

60,38

Louzán Méndez, Ana Isabel

***241***

0

27,50

17,50

5,00

50,00

Ogando Parada, Beatriz

***790***

0

0

12,00

0

12,00

Rodríguez Ogea, Montserrat

***684***

53,10

0

17,50

0

70,60

Soilán Cañas, Mª Azahara

***414***

52,20

0

17,50

0

69,70

Terceiro. Propoñer o nomeamento como persoal laboral fixo a Montserrat Rodríguez Ogea con DNI ***684*** e a Soilán Cañas, Mª Azahara con DNI ***414***.

Cuarto. A publicación desta resolución realízase na páxina web da Axencia Galega da Industria Forestal e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Quinto. As persoas propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a seguinte documentación:

a) Unha copia auténtica do título exixido ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar a credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial do recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Un informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

c) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superaron o proceso selectivo deberán acreditalo mediante unha certificación da Administración correspondente.

Sexto. Contra este acordo poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, de conformidade cos artigos 112 a 120, e 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2024

Sabela Pardo Rodríguez
Presidenta do tribunal