DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de outubro de 2024, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/23/096.01.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazado de conexión dunha vía de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301, clave PO/23/096.01, no concello de Vilanova de Arousa, que terán lugar na casa da cultura de Coirón-Caleiro o día 17 de outubro de 2024.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 2 de outubro de 2024

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

01

36061A22200200

Serantes Mariño, Ángel (herdeiros de)

17.10.2024

9.00

03

36061A31450001

Daporta Fernández, Delia (herdeiros de)

17.10.2024

9.30

04

36061A31420001

Abal Noya, Celestino (herdeiros de)

17.10.2024

9.45

05

36061A31430001

Baña Gómez, María del Pilar

17.10.2024

10.00

10

36061A32300081

Caramés Fresco, María Gardenia

17.10.2024

11.00

10

36061A32300081

Cores Castro, Adonis Ernesto

17.10.2024

11.00