En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: José Luis Pernas Ratoeira.
NIF: ***3687**.
Expediente: DH.W27.94901.
Lugar: Rubeiro.
Parroquia: Santa María do Pereiro.
Concello: Alfoz.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na demolición total dunha edificación anexa á edificación principal, na demolición parcial doutra edificación secundaria e no movemento de terras na contorna da edificación principal, na parcela con referencia catastral 27002A202100080000DX, na zona de policía do río Beloi.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, nº 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 18 de setembro de 2024
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
