DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2024 Páx. 54674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.102305).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Marbe Hispania, S.L.

Expediente: DH.A36.102305.

Volume total anual: 259,20 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: pozo na parcela 329, polígono 37, do catastro de Cerdedo-Cotobade.

Lugar: Covas.

Parroquia: Folgoso.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga do pozo elévase mediante bomba somerxible a depósito inoxidable de 12.000 l na mesma parcela. Desde este bombéase á planta de fabricación, tamén na parcela, para emprego no proceso industrial.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 18 de setembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur